“Ulfxurz” dispoñible no Bandcamp do XERIÓN!!!

Arquivo Sonoro, Ediçóns Antigas Comentarios desactivados en “Ulfxurz” dispoñible no Bandcamp do XERIÓN!!!

Xa dispoñible para o seu descarregamento o esgotado traballo do XERIÓN “Ulfxurz” editado por Nigra Mors nunha limitada edición a 40 copias en cinta.

http://xeriongaliza.bandcamp.com/album/ulfxurz

“A hoste antiga do Luceiro” xa dispoñible en Bandcamp!

Arquivo Sonoro, Novas Comentarios desactivados en “A hoste antiga do Luceiro” xa dispoñible en Bandcamp!

“A hoste antiga do Luceiro”, recopilatorio dos traballos “A hoste antiga do Luceiro”, “O túmulo dos corvos” e “Os disonantes cánticos das árbores mortas”, xa dispoñible no noso Bandcamp, e, en breve, a través de Metal Hit (USA).

https://xeriongaliza.bandcamp.com/album/a-hoste-antiga-do-luceiro

Novas edicións para a segunda metade do 2016…

Arquivo Sonoro, Novas Comentarios desactivados en Novas edicións para a segunda metade do 2016…

Nos vindeiros meses a actividade de Nigra Mors será intensa, xa que sumada á inminente edición do novo álbum ao vivo de ATRABILIS (o vindeiro luns 20 de xuño), verán a negra luz os seguintes traballos:

NM49 OFF (dark ambient noise) CDr

NM50 ÓDIO PROFUNDO (black metal) cinta

NM51 AURA / XERIÓN (black metal / metal galaico extremo) cinta

NM52 OFF / ESQUIZOFRENIA PARANOIDE / SORDIDA NOX (doom black noise) cinta

Deixamos como mostra un tema de adianto da banda portuguesa ÓDIO PROFUNDO…

ATRABILIS “Dos” dispoñible o 20 de xuño…

Arquivo Sonoro, Novas Comentarios desactivados en ATRABILIS “Dos” dispoñible o 20 de xuño…

Novo traballo da lenda mexicana ERESHKIGAL!!!

Arquivo Sonoro, Novas Comentarios desactivados en Novo traballo da lenda mexicana ERESHKIGAL!!!

O vindeiro mércores 11 de novembro de 2015 verá as tebras a nova edición de Nigra Mors. Trátase do novo traballo da lenda do black metal mexicano ERESHKIGAL, titulado “Winter”, e que terá unha edición limitada a 100 copias en cinta numeradas a man.

SORDIDA NOX, primeira demo en outono…

Arquivo Sonoro, Novas Comentarios desactivados en SORDIDA NOX, primeira demo en outono…

A nova banda galega de Black Doom Noise SORDIDA NOX verán editado o seu primeiro traballo este outono baixo os auspicios de Nigra Mors nunha edición moi limitada en cinta e CDr-vinilo.

O deseño correrá a cargo de César Valladares, e o logo foi obra do mestre Christophe Szpajdel.

Novo traballo de NEKRYPTEIA no vindeiro solsticio de verán!

Arquivo Sonoro, Novas Comentarios desactivados en Novo traballo de NEKRYPTEIA no vindeiro solsticio de verán!

O vindeiro solsticio de verán será un día de celebración para NIGRA MORS, xa que sacará á negra luz unha especial edición limitada a 100 copias en cinta do traballo de NEKRYPTEIA “Aenaon Kleos”, sendo 30 delas en caixa de madeira pirogravada.

NM43: WARGOATCULT “War Bringer, War Cult”

Arquivo Sonoro, Novas Comentarios desactivados en NM43: WARGOATCULT “War Bringer, War Cult”

O vindeiro 11 de xaneiro NIGRA MORS editará a súa referenza número 43 no comezo do seu 15º ano de existencia no máis absoluto subterráneo. Trátase dun novo traballo da banda de War Black Metal de Hell Bierzo WARGOATCULT, recopilatorio de varias edicións que, por uns motivos ou outros, nunca viron a negra luz, e que NIGRA MORS reúne nun CD único e irrepetible. E se non, escoitade o tema de adianto…

NM35: STRANGLED WITH GUTS “Terror” o 8 de novembro!

Arquivo Sonoro, Novas Comentarios desactivados en NM35: STRANGLED WITH GUTS “Terror” o 8 de novembro!

Por fin, logo de innumerables retrasos, verá a negra luz a edición etiquetada co NM35 de NIGRA MORS. Trátase do novo traballo dos vigueses STRANGLED WITH GUTS, unha xoia putrefacta de grind death, nunha especial edición en CDr-vinilo con portada en tamaño de 7’ep.

Estará dispoñible o vindeiro sábado 8 de novembro de 2014!

STRANGLED WITH GUTS PROMO

portadasoa

NM40: KOLAC ‘Zauvek Crni’ cinta

Arquivo Sonoro, Novas Comentarios desactivados en NM40: KOLAC ‘Zauvek Crni’ cinta

 KOLAC PROMO 2014

from Santigwar
Entries RSS Comments RSS Iniciar sesión