NM47 SORDIDA NOX: “Macabro Reino Bruxo” dispoñible o 31 de outubro!

Novas Add comments

11247715_1200386686655194_913245421332012926_o

A nova banda galega SORDIDA NOX, practicantes dun estilo a medio camiño entre o black, o doom e ambientacións noise, editará o seu novo traballo o vindeiro 31 de outubro no marco do concerto LÓBREGO RITUAL DE SAMAÍN que se celebrará en El Pueblo Café Cultural de Ourense xunto coas bandas ourensás KURSK e XERIÓN.

A primeira versión de “Macabro Reino Bruxo” verá a negra luz en CDr-vinilo con portada de 7′ pulgadas, deseñada con mestría polo feiticeiro dos pinceis César Valladares, e limitada a tan só 33 copias.

O logo da banda é obra de Christophe Szpajdel.

Os comentarios están pechados.

from Santigwar
Entries RSS Comments RSS Iniciar sesión