NM43: WARGOATCULT “War bringer, war cult” xa dispoñible!

Novas Comentarios desactivados en NM43: WARGOATCULT “War bringer, war cult” xa dispoñible!

Hoxe é o día, 11 de xaneiro de 2015. WARGOATCULT publica un novo CD con Nigra Mors, recopilatorio de varios traballos que, por unha cousas ou outras, nunca viron a negra luz, e que agora quedan recollidos nunha edición moi especial. O seu prezo, 8 euros máis gastos de envío, pero ATENCIÓN, pois ate a Semana Santa do 2015, poderanse conseguir “War bringer, war cult” e “La horda del chivo”, anterior traballo editado por Nigra Mors, por tan só 10 euros máis gastos de envío… Unha ocasión única de poder desfrutar da brutalidade sen concesións da horda de Hell Bierzo.

10687389_744649618933454_1377360486816905362_o

NM43: WARGOATCULT “War Bringer, War Cult”

Arquivo Sonoro, Novas Comentarios desactivados en NM43: WARGOATCULT “War Bringer, War Cult”

O vindeiro 11 de xaneiro NIGRA MORS editará a súa referenza número 43 no comezo do seu 15º ano de existencia no máis absoluto subterráneo. Trátase dun novo traballo da banda de War Black Metal de Hell Bierzo WARGOATCULT, recopilatorio de varias edicións que, por uns motivos ou outros, nunca viron a negra luz, e que NIGRA MORS reúne nun CD único e irrepetible. E se non, escoitade o tema de adianto…

from Santigwar
Entries RSS Comments RSS Iniciar sesión